A Fundación Arume proxecta a obtención de plantas de piñeiro radiata resistentes a enfermidades e pragas
O Grupo Operativo Piña, impulsado pola Fundación, avanza en dúas liñas: unha primeira, a comercialización a curto prazo de planta de radiata de alta calidade xenética, e unha segunda, no medio prazo, para obter planta de radiata máis sa.