Formación sobre construción con madeira para profesionais da industria forestal
XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, programa tres módulos formativos de especialización sobre tecnoloxía da madeira, mellora continua e prevención de riscos laborais.
Co obxectivo de formar ós operarios e instaladores do sector na construción en madeira, XERA, a Axencia Galega da Industria Forestal, organizou os seguintes tres módulos formativos de especialización:
- Prevención de riscos laborais (18 – 22 de xaneiro).
- Tecnoloxía da madeira (25 de xaneiro – 4 de febreiro).
- Mellora continua (10, 11, 17 e 18 de marzo e 5, 6, 12 e 13 de abril).
A iniciativa enmárcase dentro das actuacións definidas na Axenda de Impulso da Industria Forestal e reforza a estratexia de apoio da Axencia aos proxectos de construción con madeira.
Os módulos formativos perseguen dar resposta á crecente demanda de operarios especializados na construción con madeira. As actividades formativas contarán cunha parte teórica, que se impartirá por videoconferencia, e cunha parte práctica, que polas recomendacións de prevención da Covid-19 se reduciu ó mínimo.
A inscripción é gratuíta.
Mais información: