[En directo] – Piñeiros’22. Segundo Encontro Intersectorial do Piñeiro de Galicia

A Fundación Arume celebra hoxe en Santiago a segunda edición deste encontro arredor das coníferas. Abórdanse os desafíos e oportunidades que se lle abren ó piñeiro, dende un enfoque transnacional Galicia-Portugal

A Cidade da Cultura acolle hoxe Piñeiros 22, o segundo Encontro Intersectorial do Piñeiro de Galicia, organizado pola Fundación Arume. Nesta edición abordaranse os desafíos e oportunidades que se lle presentan ás coníferas. Expertos de España e Portugal tratarán cuestións como a sustentabilidade do aproveitamento do piñeiro ou uso da madeira de coníferas na construción.

Programa Piñeiros22 GL.pdf
Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.