A Fundación Arume presenta este luns primeiros resultados e folla de ruta para a mellora xenética das coníferas galegas

Unha xornada na Cidade da Cultura (sala de eventos do Edificio Fontán) fará balance do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a propia Fundación, encamiñado á obtención de plantas de piñeiro melloradas

A Fundación Arume presenta este luns primeiros resultados e folla de ruta para a mellora xenética das coníferas galegas

A Fundación Arume presenta este luns 28 de novembro os primeiros resultados do proxecto de mellora xenética das coníferas galegas, que se está a desenvolver a través dun convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Arume. O evento servirá para facer balance do traballo xa realizado e perfilará a folla de ruta para os próximos anos.

Trala xornada de mañá, á tarde farase unha visita a un novo horto sementeiro de coníferas, en Sigüeiro, e a unha parcela de ensaio en Frades.

 

Programa

 

10.00 h Apertura e benvida

José Luis Cabarcos Director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria

 

A colaboración público-privada.

Os retos do sector
José Carballo. Presidente da Fundación Arume

As liñas de traballo actuais
José Luis Chan. Director general de Planificación y Ordenación Forestal

O apoio á innovación
José Luis Cabarcos. Director de la Agencia Gallega de Calidad Alimentaria

 

10.40 h Visión xeral e resultados operativos do convenio CMR-AGACAL-ARUME
Francisco Dans Vicepresidente de la Fundación Arume

 

11.00 h Pausa-café

 

11.20 h A reprodución vexetativa

Viabilidade técnica e comercial
Francisco Lario. Responsable de proxectos de TRAGSA

Problemas e vantaxes na produción en viveiro
Francisco Álvarez. Responsable de viveros San Mamede
Abraham Gerpe. Responsable de viveros Growin

 

12.00 h ADN e trazabilidad do material mellorado
Lucía Villar. Investigadora do Convenio CMR-AGACAL-ARUME

 

12.10 h Proposta de programa de mellora do Pinus radiata en Galicia
Raquel Díaz. Investigadora do CIF de Lourizán

 

12.30 h Debate en sala

 

13.30 h Refrixerio

 

15.00 h Saída en autobus (recollida e regreso na Cidade da Cultura)

 

15.15 h Visita ó novo horto sementeiro de Pinus radiata na Falmega, Sigüeiro

 

16.30 h Visita á parcela de ensaio de coníferas en Frades

 

 

Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.