A Fundación Arume inicia o tratamento de piñeirais da provincia de Lugo afectados polas enfermidades das bandas

A actuación desenvólvese en colaboración coa Consellería do Medio Rural e non ten custo para os propietarios. Os interesados poden contactar coa Fundación para solicitar a aplicación dos tratamentos

Tratamento enfermidas das bandas
Tratamento enfermidas das bandas

Nos últimos anos, estase detectando un avance das enfermidades das bandas en montes de piñeiro insigne (Pinus radiata) da provincia de Lugo. As bandas, principalmente a banda vermella en Lugo, son enfermidades fúnxicas que causan a defoliación das coníferas e o seu debilitamento, polo que é aconsellable aplicar tratamentos para reducir o seu impacto. A Fundación Arume, coa colaboración coa Consellería do Medio Rural, inicia hoxe o tratamento de piñeirais afectados da provincia de Lugo, unha acción que se prolongará ata o vindeiro 30 de setembro.

Os tratamentos consisten na aplicación de produtos fitofortificantes que están autorizados para agricultura ecolóxica, de xeito que se garante que non haberá impacto sobre o medioambiente. A aplicación realízase desde veículos todoterreo que pulverizan o produto, diluído en auga nas doses recomendadas. A pulverización realízase mediante canón dirixido ás copas dos piñeiros, pois trátase dun produto que as árbores absorben vía foliar.

A aplicación realizáa unha empresa especializada en sanidade forestal, que previamente xa desenvolveu estes mesmos traballos en piñeirais do País Vasco, onde as enfermidades das bandas están causando un gran impacto desde hai anos.

Todos aqueles propietarios forestais, ben particulares, ben comunidades de montes ou montes de varas, que detecten problemas sanitarios nos seus piñeirais, poden contactar coa Fundación Arume para solicitar que se lles aplique un tratamento ou para realizar as consultas que vexan oportunas.

Os tratamentos inícianse hoxe e prolongaranse ata o vindeiro 30 de setembro. A previsión da Fundación Arume é a de aplicar tratamentos en arredor de 3.500 hectáreas.

Asimesmo, a Fundación lembra que os tratamentos son só unha das vías existentes para reducir o impacto das enfermidades das bandas, pois aconséllase tamén que os propietarios executen traballos silvícolas que contribúan a aumentar a aireación dos piñeirais; por exemplo podas, rareos ou rozas.

Tratamento enfermidas das bandas
Tratamento enfermidas das bandas

Requisitos para os tratamentos


Todos os propietarios con parcelas de piñeiro radiata afectadas pola enfermidades das bandas na provincia de Lugo poderán solicitar que lles sexan tratados, sen que iso teña custo para eles.

Os requisitos que se esixen son os seguintes:

- Que as masas afectadas formen unha superficie próxima a 10 hectáreas. Poden ser masas dun propietario ou de varios propietarios, tanto particulares como comunidades de montes ou montes de varas.

- Que o monte teña acceso que permita o paso da maquinaria que se precisa para a aplicación do tratamento.

- Que a persoa propietaria asine unha declaración responsable dando o seu consentimento para a actuación.

Contacto


As solicitudes para o tratamento ou calquera consulta poden facerse a través do correo electrónico arume@fundacionarume.gal. As persoas interesadas tamén poden contactar telefonicamente con algún dos seguintes técnicos forestais, que colaboran coa Fundación Arume:

• Enrique García 618 752 223

• Margarita López 646 215 801

• David Lorenzo 649 736 207

• Patricia Sánchez 981 530 500

Asimesmo, poden solicitar máis información nalgunhas das asociacións que forman parte da Fundación Arume:

• Asociación Forestal de Galicia (AFG): 981 564 011


• ASEFOGA: 981 530 500

• FEARMAGA: 981 568 390

• LUGOMADERA: 982 203 233

Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.