Unidos para preservar a sustentabilidade dos piñeirais galegos

Monte

O monte arborizado que gozamos nas paisaxes rurais é o resultado de máis de 50 anos de esforzo, investimento e sacrificio de miles de propietarios forestais galegos. Os piñeirais ocupan un terzo do noso territorio e acompáñannos desde as praias máis fermosas ata as montañas máis altas de Galicia. Os coidados selvícolas que necesitan os piñeirais son realizados por multitude de pequenas empresas que, xunto cos viveiros forestais, dan emprego a máis de dùas mil persoas apoiando a industria madeireira do país.

Industria

A industria da madeira de Galicia é a peza que une o recurso forestal co usuario final. A súa misión é poñer en valor os nosos montes a través do desenvolvemento e a elaboración de produtos innovadores, sostibles e de calidade a base de madeira de procedencia local. Para conseguilo, a industria da madeira baséase nos principios da bioeconomía circular. Traballar con madeira de procedencia local é promover o desenvolvemento económico sostible e a creación de novos empregos en Galicia.

A innovación é a clave para progresar en todos os elos da cadea de valor do piñeiro: desde o monte e a industria ata o usuario final.

Producto

O deseño é o noso trazo máis persoal. Sabemos que potenciar o deseño de produto como elemento diferenciador é a clave para poñer en valor as vantaxes do uso da madeira de piñeiro de Galicia. A madeira achega calidez, versatilidade e proximidade co territorio, características intrínsecas do material que se reforzan cun bo deseño apoiado nas novas tecnoloxías. Impulsar o deseño é promover o desenvolvemento de produtos e sistemas construtivos locais e innovadores.

Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.